Vino MagaViño DemoVino Maga Ouro

MAGA & DEMO

Vino MagaViño DemoVino Maga Ouro
Unión Europea

A NOSA ADEGA

Cargando

Historia

Adega do século XIX recentemente restaurada. Construción típica galega na que se respectaron os materiais de orixinais baseados en pedra de granito e madeira de castiñeiro.

Instalacións

As instalacións combinan un moderno equipamento para a elaboración enolóxica con barricas de madeira de carballo francés e americano.

Contorno

A adega localízase en San Martiño de Sios, Pantón, no corazón da Ribeira Sacra.

A NOSA VIÑA

Buscamos os mellores viñedos da Ribeira Sacra para a elaboración dos nosos viños nas zonas máis abruptas do Canón do Sil, onde acadamos unha maior mineralidade e frescura aproveitando as terrazas de pedra onde se cultivan e o microclima desta paraxe incomparable posiblemente o viñedo máis fermoso do mundo.

La uva

A uva

Mencía: Uva tinta considerada a variedade principal da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Estendida principalmente no noroeste peninsular, principalmente na conca do río Sil. Dá lugar a viños de extraordinaria calidade, elegantes, aromáticos e afroitados, de intensa cor, e con posibilidades de crianza.

Godello: Uva branca. De gran calidade e a variedade con maior potencial aromático da península Ibérica. Autóctona de Galicia. Os seus viños caracterízanse pola súa cor palla con matices verdosos e o seu aroma e a froita madura. Posúe un amargor final moi característico, e un excelente equilibrio de alcohol-acidez.

El cultivo

O CULTIVO

Os nosos viños prodúcense exclusivamente con uvas das nosas propias viñas. Nelas prímase a calidade limitando ao máximo a produción realizando poda en verde para regular, desta maneira, unha produción de calidade.

la vendimia

A VENDIMA

A vendima realízase cando se consegue a maduración enolóxica óptima das uvas, parcela por parcela para conseguir o máis alto grao de calidade. Realízase esta vendima de maneira manual en caixas de 20 kg para respectar a calidade das uvas e que a súa entrada na adega sexa óptima.

Excelencia de calidad

O RESPECTO

O noso traballo no viñedo é totalmente manual e realízanse os mínimos tratamentos fitosanitarios, utilizando, sempre que sexa posible, produtos de contacto e evitando os tratamentos con produtos sistémicos. O respecto á natureza é parte fundamental da filosofía da adega.

OS NOSOS VIÑOS

Vino Maga - Godello
Vino Maga

FICHA TÉCNICA MAGA

  • Adega: Karma do Sil, S.L
  • Subzona: Ribeiras de Miño
  • Variedade da Uva: Godello
  • Grao alcohólico: 13 %
  • Elaboración: Viño branco novo

Elaborado con uva procedente de viñedos propios, situados nas escarpadas ladeiras do Río Sil, no corazón da Ribeira Sacra. Unha paisaxe vitícola única contida nunha botella.

 


 

NOTA DE CATA:

Fase visual: Viño branco de aspecto límpido e transparente, amarelo pálido con reflexos aceirados, e unha bágoa fluída e elegante.

Fase olfactiva: Nariz moi fina, con complexidade aromática, moi floral. Trae recordos a froitas brancas recén cortadas con notas cítricas (pomelo).

Fase gustativa: Entrada moi glicérica e gorentosa. En evolución destaca unha acidez moi equilibrada que lle proporciona frescura. Posúe un retrogusto longo e persistente cun fondo de boca varietal moi agradable.

Descargar Dossier
Vino Demo - Mencía
Viño Demo

FICHA TÉCNICA MAGA

  • Adega: Karma do Sil, S.L
  • Subzona: Ribeiras de Miño
  • Variedade da Uva: Mencía
  • Grao alcohólico: 13 %
  • Elaboración: Viño tinto novo

Este viño cultívase nunha das viñas máis extremas do mundo, con pendentes superiores ao setenta por cento, complicado acceso e temperaturas en verán que superan os corenta graos.
Situada en Amandi e cultivada a man, en terrazas de pedra, desde tempo inmemorial e bañado polo Río Sil. Só do inferno pode saír o Demo.


NOTA DE CATA:

Fase visual: Viño tinto de capa media, de profunda cor picota e reberete violáceo, elegante e atractivo.

Fase olfactiva: Nariz expresiva e complexa, con aromas a froitos vermellos e froita madura, con toques balsámicos e fondo especiado.

Fase gustativa: Entrada agradable e sedosa, posúe unha acidez balanceada, cun tanino ben integrado, estruturado e persistente.

Descargar Dossier
Vino Maga Ouro - Godello
Vino Maga Ouro

FICHA TÉCNICA MAGA

  • Adega: Karma do Sil, S.L
  • Subzona: Ribeiras de Miño
  • Variedade da Uva: Godello
  • Grao alcohólico: 13 %
  • Elaboración: Viño branco barrica

Elaborado cunha uva seleccionada procedente de viñedos propios, situados nas escarpadas ladeiras do Río Sil, no corazón da Ribeira Sacra.

 


 

NOTA DE CATA:

Fase visual: Viño moi limpo e cristalino, amarelo pálido con reflexos aceirados e verdosos. Cunha bágoa fluída e elegante.

Fase olfactiva: Nariz moi expresiva e con intensidade, floral, froitas brancas e de óso. Destaca o fondo tropical e de caramelo.

Fase gustativa: Intenso no ataque, moi glicérico e unha acidez ben balanceada e untuosa. Final agradable e fresco con recordos avainillados.

Descargar Dossier

CONTACTO

TELÉFONO // 671 468 418

MAIL // info@maga-demo.com

LATITUD // 42° 29′ 29.43” (N)

LONGITUD // -7° 36′ 28.55” (O)

Logotipo Karma do Sil

Utilizamos cookies propias y de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas su uso.